Delegations
- Delegations
- What is the General State Administration in the Territory?
- Legislation
- Delegations in Autonomous Communities
- Government Delegation in the Autonomous Community of Andalusia
- Government Delegate
- News
- Proyectos, Campañas e Información
- Servicios y Directorio
- Government Sub-delegation in Seville
- Government Sub-delegation in Almeria
- Government Sub-delegation in Cadiz
- Government Sub-delegation in Cordoba
- Government Sub-delegation in Huelva
- Government Sub-delegation in Jaen
- Government Sub-delegation in Malaga
- Government Sub-delegation in Granada
Só o 2,1 % das persoas identificadas nos controis realizados na última semana na provincia foron propostas para sanción
08/02/2021
A subdelegada do Goberno presidiu esta mañá a xuntanza do Centro de Coordinación Operativa (CECOR) na que se fixo balance dos operativos de control realizados nos últimos sete días. 2.272 axentes dos corpos estatais e autonómicos participaron nestes dispositivos.
A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, presidiu hoxe unha nova reunión por videoconferencia do Centro de Coordinación (CECOR) provincial establecido para o seguimento dos dispositivos de seguridade vencellados á actual situación sanitaria. Ao encontro asistiron o coronel xefe da Comandancia da Garda Civil en Pontevedra, Simón Venzal, o comisario xefe da Comisaría de Vigo-Redondela, Carlos Valcárcel, o comisario e xefe accidental da Comisaría de Pontevedra, Camilo Loureiro, o inspector xefe da Policía Autonómica, Diego González, a inspectora xefa UPA-Vigo, Sheila González e o xefe territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, Ramón Pereiro.
Durante a reunión, as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado fixeron balance das actuacións levadas a cabo durante a última semana para vixiar o cumprimento das últimas medidas aprobadas pola Xunta de Galicia. En total, do 1 ao 8 de febreiro, a Garda Civil, a Policía Nacional e a Unidade de Policía Adscrita á Comunidade Autónoma (UPA) levaron a cabo 2.086 dispositivos de control e vixilancia sanitaria nos que participaron 2.272 axentes, se identificaron a 21.827 persoas, se controlaron 16.486 vehículos e se elevaron 504 propostas de sanción.
No que respecta á Garda Civil, este corpo realizou durante a última semana 1.784 controis nos que participaron 1.336 efectivos. Nestes operativos 18.587 persoas foron identificadas, 13.897 vehículos foron controlados e 277 persoas sancionadas.
Pola súa banda, a Policía Nacional levou a cabo 198 controis na provincia que contaron coa participación de 714 axentes. Nestes dispositivos foron identificadas un total de 2.920 persoas e 2.387 vehículos, e se elevaron 179 propostas de sanción.
Así mesmo, a Policía Autonómica efectuou 104 controis nos que identificou a 320 persoas, controlou 202 vehículos e interpuxo 48 propostas de sanción. En total, 222 axentes deste corpo participaron nos dispositivos.
A subdelegada do Goberno quixo destacar, unha vez máis, “o elevado grao de cumprimento da normativa na nosa provincia, xa que tal e como amosan as cifras só o 2,1 % das persoas identificadas nos controis foron propostas para sanción”. Larriba subliñou ademais “o descenso no número de infraccións cometidas nesta última semana –a segunda na que a nova normativa estaba vixente–, a pesares de manterse o mesmo número de controis que en semanas anteriores”.
A subdelegada informou tamén de que a Policía Nacional e a Garda Civil continuarán esta semana coas labores de prevención fronte á COVID-19, levando a cabo controis e dispositivos que serán adaptados de acordo coa evolución das restricións sanitarias e do propio virus.
Por último, Larriba reiterou a importancia da responsabilidade individual e pediu aos veciños e veciñas de Pontevedra seguir as indicacións facilitadas polas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, así como cumprir con todas as medidas sanitarias vixentes na nosa Comunidade.