Delegacións
- Delegacións
- Que é a Administración Xeral do Estado no Territorio?
- Normativa
- Delegacións do Goberno
- Delegación do Goberno na Comunidade Autónoma de Andalucía
- Delegado do Goberno
- Actualidade
- Información sobre la semana de la Administración Abierta
- Proyectos, Campañas e Información
- Servicios y Directorio
- Subdelegación do Goberno en Sevilla
- Subdelegación do Goberno en Almería
- Subdelegación do Goberno en Cádiz
- Subdelegación do Goberno en Córdoba
- Subdelegación do Goberno en Huelva
- Subdelegación do Goberno en Xaén
- Subdelegación do Goberno en Málaga
- Subdelegación do Goberno en Granada
Maica Larriba subliña o papel da Garda Civil nas zonas rurais como axente fundamental para vertebrar o territorio e fixar poboación
20/10/2021
Destacou o “compromiso do Goberno de España para reforzar a seguridade nos pequenos municipios e aumentar a presenza da Garda Civil en todo o territorio”. Para a subdelegada o labor da Compañía lalinense é determinante para que a zona se atope entre as máis seguras da provincia.
Pontevedra, 20 de outubro de 2020.- A subdelegada do Goberno en Pontevedra, avogou hoxe en Lalín polo papel “fundamental” que cumpre a Garda Civil nas zonas rurais, “onde o seu traballo para garantir a seguridade favorece a vertebración do territorio e contribúe a fixar poboación”. Maica Larriba fixo estas declaracións no acto de homenaxe que o Concello de Lalín lle brindou á V Compañía da Garda Civil adscrita á Comandancia de Pontevedra, que copresidiu xunto o alcalde, José Crespo.
“Un dos moitos retos do Instituto Armadao”, indicou, “é o de manter unha presenza eficaz nas zonas rurais axustada ás necesidades dos cidadáns, cun servizo que apuntale a prosperidade das contornas rurais como son as de Lalín e das comarcas de Deza e Tabeirós-Terra de Montes”.
A este respecto, destacou o “compromiso do Goberno de España para reforzar a seguridade nos pequenos municipios e para aumentar a presenza da Garda Civil en todo o territorio”. Así, recordou que para este ano hai convocadas 2.100 novas prazas, cunha taxa de reposición do 115% “porque aínda que queda moito por facer, agora non hai alcalde ou localidade que non queira ter un cuartel da Garda Civil”.
Maica Larriba felicitou e transmitiu o seu recoñecemento e agradecemento aos membros da V Compañía de Lalín, cuxo traballo, dixo, “é un dos mellores exemplos do compromiso coa sociedade máis próxima que cada día demostra a Garda Civil e que debe facernos sentir orgullo”.
A subdelegada fixo referencia ás máis de 50 operacións contra grupos criminais que desenvolveu a Compañía, destacando, en especial, o papel da Policía Xudicial e a desarticulación o pasado ano dun grupo dedicado ao asalto de vivendas e establecementos. “Os roubos con forza son dos delitos que maior sensación de inseguridade xeran entre a cidadanía, pero co voso traballo exemplar facedes que esta zona continúe entre as máis seguras da provincia”, engadiu.
Por último, Maica Larriba recordou que a Garda Civil se enfronta a importantes desafíos como son a emerxencia climática, a loita contra a violencia machista ou a ciberdelicuencia, “retos complexos que afrontaredes con garantías porque ao longo da historia sempre soubestes adaptarvos aos novos tempos”, explicou.