Isabel Rodríguez destaca el apoyo del Gobierno a las librerías y a los autores y autoras independientes

Isabel Rodríguez destaca el apoyo del Gobierno a las librerías y a los autores y autoras independientes

01/10/2022

A subdelegada salientou que o sector literario “potencia a cohesión social, actúa como axente dinamizador do cambio e á súa vez resulta fonte para xerar riqueza"
A creación, a pluralidade e a diversidade lingüística son os protagonistas destes encontros xerados pola Dirección Xeneral do Libro e Fomento da Lectura


A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, destacou hoxe o apoio do Goberno ás librarías independentes e á creación literaria dos autores e autoras da provincia. Fíxoo no encontro literario celebrado en Foz, na libraría Bahía, enmarcado no programa “Afinidades Electivas” que o Ministerio de Cultura leva a cabo co obxectivo de impulsar a actividade das librarías independentes e dos escritores, tras unha das maiores crises vividas polo sector, apoiando a creación literaria en todas as linguas oficias de España.

Isabel Rodríguez, acompañada do Alcalde de Foz, Francisco Cajoto, salientou que o sector literario “potencia a cohesión social, actúa como axente dinamizador do cambio e á súa vez resulta fonte para xerar riqueza". Así, explicou que a creación, a pluralidade e a diversidade lingüística son os protagonistas destes encontros xerados pola Dirección Xeneral do Libro e Fomento da Lectura do Ministerio.

Así mesmo, a subdelegada puxo en valor “o diálogo activo e enriquecedor” que xorden destas reunións entre autores e público. Neste encontro, participaron o escritor Xesús Fraga, coa súa novela “Virtudes e misterios”, Premio Nacional de Narrativa 2021; e a escritora Noemí Subagal, co seu ensaio “Hijos del carbón”. Foi a librería a que, en función do público interesado, as súas propostas e programación, propuxeron esta actividade.

O Goberno lanzou este programa cun total de 51 encontros literarios en librerías de toda España. Na provincia de Lugo celebráronse dous, nos Concellos de Foz e Lugo. A iniciativa, reúne a dous autores que escriban en diferentes linguas de España en librarías independentes para falar das súas semellanzas, diverxencias ou conexións. O título, ‘Afinidades Electivas’ inspírase na obra homónima de Goethe, que defende que "só se pode entender o alleo ao entender aquilo co que es afín".