Delegacions
- Delegacions
- Què és l'Administració General de l'Estat en el Territori?
- Normativa
- Delegacions del Govern
- Delegació del Govern a la Comunitat Autònoma de Galícia
- Delegat del Govern
- Actualitat
- Proyectos, Campañas e Información
- Servicios y Directorio
- Subdelegació del Govern a Lugo
- Subdelegació del Govern a Orense
- Subdelegació del Govern a Pontevedra
- Subdelegació del Govern a la Corunya
Primeira visita institucional do novo subdelegado de Defensa á Subdelegación do Goberno
20/01/2021
Maica Larriba recibiu ao coronel Miguel Constantino Cortés Calvo, novo subdelegado de Defensa en Pontevedra.
A subdelegada do Goberno, Maica Larriba, recibiu esta mañá ao coronel Miguel Constantino Cortés Calvo, novo subdelegado de Defensa en Pontevedra. Esta era a primeira visita institucional de Cortés á Subdelegación do Goberno.
Durante o seu encontro, Larriba, que xa estivera na súa toma de posesión celebrada o pasado 18 de decembro, quixo trasladar unha vez máis os seus parabéns ao coronel, así como ofrecer a súa total “disposición para colaborar en todos aqueles asuntos da provincia que atinxan as dúas Subdelegacións”.
Pola súa banda, o subdelegado de Defensa agradeceu o recibimento e quedou a disposición da Subdelegada. O coronel Miguel Constantino Cortés Calvo é coñecedor da provincia de Pontevedra, xa que ata o pasado mes de decembro era o responsable da Base Xeneral Murillo, desde onde opera a BRILAT.