José Miñones anuncia que o Goberno habilita para as sete cidades galegas 3,7M€ do Plan de Recuperación para modernizar e dixitalizar a administración local

09/11/2021

O Ministerio de Política Territorial mobilizará 391,4 millóns de euros de fondos europeos ata 2023 para impulsar una administración local conectada, aberta e eficiente

O Concello da Coruña dispón de 921.112 euros para subvencionar proxectos e iniciativas incluíndo aqueles iniciados dende febreiro de 2020

Esta primeira convocatoria sumará dúas máis coas que o Goberno completará a totalidade de entidades locais, independentemente do seu tamaño


O delegado do Goberno, José Miñones, presentou hoxe na Coruña a primeira das convocatorias de modernización e dixitalización das administracións locais dentro do Plan Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España. Acompañado pola alcaldesa da Coruña, Inés Rey, detallou as liñas xerais desta convocatoria do Ministerio de Política Territorial, publicada no Boletín Oficial do Estado do pasado sábado.

José Miñones trasladouse á oficiña de recadación municipal do Concello da Coruña, para anunciar que as sete cidades galegas dispoñen de 3,7 millóns de euros desta convocatoria, que se dirixe a municipios con máis de 50.000 habitantes e capitais de provincia. Avanzou que haberá dúas novas convocatorias ás que poderán optar o resto de entidades locais ata esgotar os 391,4 millóns de euros que o Ministerio de Política Territorial adicará a esta liña de investimento.

Esta primeira orde conta cun orzamento total de 97,2 millóns de euros que o Ministerio de Política Territorial distribuíu entre as entidades beneficiarias para garantir a cohesión no reparto territorial dos fondos. En concreto, A Coruña disporá de 921.112,64 euros deste reparto. No resto de cidades, as contías son as seguintes: Vigo: 1.084.686,76 €; Ourense: 393.002,95 €;  Lugo:           366.500,93 €;  Santiago de Compostela: 364.004,74 €; Pontevedra: 309.735,86 € e Ferrol: 243.890,02 €.

O delegado do Goberno informou que o prazo de solicitudes remata o vindeiro 15 de decembro. Como dato importante, estas axudas poden concederse a proxectos que xa estean desenvolvendo as Administracións locais beneficiarias. O periodo de execución dos proxectos subvencionados abrangue dende o 1 de febrero de 2020 ata 31 de decembro de 2022.

Obxectivos e actuacións subvencionables

José Miñones insistiu en que estes fondos supoñen unha boa oportunidade para que as cidades galegas melloren e modernicen a súa organización coa incorporación de tecnoloxías da información, dixitalización dos procedementos administrativos e adaptación da súa xestión a medios dixitais.

Entre as actuacións subvencionables, hai algunas que se consideran prioritarias e que son:

- Posta en marcha dun centro de operacións de  ciberseguridad (de execución obrigatoria).

- Unha administración orientada ao cidadán, desenvolvendo os tres servizos máis utilizados en modo App móbil ou a través dunha interface adaptable integrada no Cartafol Cidadán da AGE.

- Operacións Intelixentes. Posta en marcha dun proxecto para automatizar procesos de prestación de servizos ao cidadán.

- Desenvolvemento ou adaptación de servizos exentos de barreiras transfronteirizas para cidadáns e empresas europeos.