O Goberno concede a Galicia 8 millóns de euros para programas de protección á familia, atención á pobreza infantil e prestacións sociais básicas

O Goberno concede a Galicia 8 millóns de euros para programas de protección á familia, atención á pobreza infantil e prestacións sociais básicas

17/07/2020

Máis da metade dos fondos adicaranse a proxectos que contribúan a mellorar a situación sociolaboral de familias con menores a cargo, familias que presentan situacións de privación material severa, ou risco de pobreza e/ou exclusión.

Inclúe 1,13 millóns para garantir o desenvolvemento do programa de atención a menores vulnerables durante as vacacións escolares


O Goberno de España acorda a concesión a Galicia de 7.889.048,72 euros para programas de atención á pobreza infantil, protección da familia e financiamento de prestacións sociais básicas.  Esta repartición foi aprobada no último Consello de Ministros tras o acordo acadado no Consello Interterritorial de Servizos Sociais e Atención á Dependencia.

Deste total, a principal partida irá destinada ao desenvolvemento de proxectos de intervención social de apoio á familia e a infancia, con 3.411.000 euros. Seguindo con este tipo de actuacións, o Goberno destinará 1.137.097 euros para garantir o dereito básico de alimentación, lecer e cultura de nenos, nenas e adolescentes durante as vacacións escolares e a conciliación da vida familiar e laboral. Séguea a financión de prestacións básicas de servizos sociais xestionadas polos concellos, que reciben por este acordo 3.312.540 euros. Por último, acordouse a distribución de 28.411,72 euros para proxectos de intervención social integral para a atención, prevención da marxinación e inserción do Pobo xitano.

Descripción dos programas

Os fondos destinados ao programa para garantir dereitos básicos dos menores durante as vacacións escolares e a conciliación da vida familiar e laboral permiten que os menores de familias vulnerables teñan cubertas as súas necesidades básicas de alimentación e poidan gozar de oportunidades de lecer educativo durante as vacacións escolares. Xunto á intervención sobre os menores, o programa tenta axudar na conciliación da vida familiar e laboral de familias con fillos a cargo e en situación de vulnerabilidade.

Os proxectos de apoio á familia e infancia enmárcanse en tres tipoloxías: proxectos dirixidos a paliar e mellorar a situación de vulnerabilidade social das familias, cubrindo necesidades básicas; proxectos de apoio á conciliación familiar e laboral para familias en procesos de inserción socio-laboral; e servizos de intervención e apoio familiar.

O importe dedicado a prestacións básicas ten como fin manter a rede de servizos sociais de atención primaria xestionada polas corporacións locais e proporcionar á cidadanía servizos sociais adecuados que permitan a cobertura das súas necesidades básicas. Para iso, os proxectos que se cofinancian con cargo a esta partida enmárcanse no desenvolvemento das seguintes prestacións básicas: información e orientación; axuda a domicilio e apoio á unidade de convivencia; aloxamento alternativo e prevención e inserción social. Neste caso, estos programas deben contar polo menos co mesmo investimento por parte das entidades locais e a Xunta de Galicia.

Por último, o programa de intervención social integral para a atención, prevención da marxinación e inserción do Pobo xitano ten por finalidade atender as necesidades das persoas xitanas máis desfavorecidas e promover o desenvolvemento da poboación xitana, no marco dos compromisos asumidos polo Goberno.