Pedro Blanco informa del impacto que tuvo la revalorización de las pensiones en las prestaciones que reciben cerca de 700.000 gallegos y gallegas

Pedro Blanco informa del impacto que tuvo la revalorización de las pensiones en las prestaciones que reciben cerca de 700.000 gallegos y gallegas

06/02/2024

As pensións galegas aumentaron de media 43 euros en xaneiro, ata os 1.068,59 euros, o que supón uns 600 euros máis ao ano

As de xubilación, as máis numerosas, situáronse de media o pasado mes nos 1.221,92 euros

Os máis de 67.000 xubilados e xubiladas de Ourense superaron os 1.000 euros de pensión media por primeira vez

A nómina das pensións galegas increméntase coa revalorización en 475 millóns de euros ao ano, ata alcanzar os 11.606 millóns de euros


O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Branco, visitou este martes as oficinas da Seguridade Social en Ourense, onde informou o impacto da revalorización das pensións nas prestacións que reciben cada mes preto de 700.000 galegos e galegas. 

O delegado, que estivo acompañado durante a visita polo subdelegado en Ourense, Emilio González, e a directora provincial do INSS e da Tesouraría da Seguridade Social, Carolina Gancedo, indicou que este mes de xaneiro, os e as pensionistas galegos viron aumentar de media en 43 euros a contía das súas prestacións, o que supón máis de 600 euros máis ao ano.

A pensión media situouse o pasado mes de xaneiro en Galicia nos 1.068,59 euros, un dato que contrasta cos 1.025,47 euros que recibían de media en decembro. Non caso das de xubilación, as máis numerosas, pasaron dos 1.173,19 euros de media no mes de decembro a 1.221.92 euros, o que supón 48,73 euros máis ao mes e 682,22 euros máis ao ano.

Estas subidas responden o incremento do IPC que fixou por lei o Goberno para a revalorización das pensións que perciben un de cada catro galegos e que, no caso da provincia de Ourense, permitiu que a pensión media de xubilación superase por primeira vez en xaneiro deste ano a barreira dos 1.000 euros. Así, os máis de 67.000 ourensáns e ourensás que cobran pensións de xubilación recibiron de media en xaneiro 1.025.65 euros.

A revalorización, que beneficia ás máis de 687.000 persoas que cobran unha pensión en Galicia, supón incremento do gasto para a Seguridade Social de 475 millóns ao ano na nómina das pensións galegas, xa que pasa dos 11.131 millóns de euros de 2023 aos 11.606 millóns en 2024. 

Pensións non contributivas 
Pola súa banda, Pedro Branco lembrou que as pensións non contributivas, que reciben en Galicia unhas 37.200 persoas, subiron tamén este ano un 6,9%, o mesmo que o Ingreso Mínimo Vital, o que supón elevalas a 517,9 euros ao mes (7.250,6 euros ao ano). Isto supón aumentar o gasto en pensións non contributivas en Galicia preto de 270 millóns de euros ao ano.

También aumentó la cuantía de las pensiones mínimas en el caso de los hogares unipersonais, que pasan de percibir 10.963,4 euros en 2023 a ingresar 11.552,8 euros al año en 2024. Con cónyuge al cargo el importe asciende hasta los 14.466,2 euros (13.526,8 en 2022). Además, apuntó que, como novedad, las pensiones de viudedad con cargas familiares se habían equipado este año a la pensión mínima de jubilación con cónyuge al cargo, elevando su cuantía un 14,1%.