Isabel Rodríguez reivindica el compromiso del Gobierno con el sector lácteo al que dio ayudas por más de 25 millones en la provincia en compensación por los perjuicios de la guerra de Ucrania

Imaxe da subdelegada explotación A Pastoriza

12/08/2022

A subdelegada visita, co alcalde da Pastoriza, a explotación Vos Foros, “unha empresa familiar, nunha das parroquias máis leiteiras de Galicia, que *ejemplifica a loita, contra vento e marea polo futuro do rural”

Isabel Rodríguez destaca a resposta do Goberno ante unha nova situación excepcional causada pola guerra: “como fixo antes coa pandemia, este Goberno non foxe dos problemas e responde con medidas sociais”

A subdelegada anuncia que agricultores e gandeiros españois recibirán ata 3.386 millóns de euros en pagos anticipados da PAC a partir de 16 de outubro


A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, reivindicou o compromiso do Goberno co sector lácteo, ao que entregou axudas por máis de 25 millóns de euros na provincia para compensalo polos prexuízos da guerra de Ucraína. A subdelegada fixo estas declaracións despois de visitar esta mañá a explotación da *SAT Vos Foros, en *Alvaré, no concello da Pastoriza, onde estivo acompañada polo alcalde, Primitivo Igrexas.

Isabel Rodríguez puxo en valor a transcendencia do sector primario e asegurou que esta explotación, situada nunha das parroquias máis leiteiras de Galicia, “é un exemplo da importancia do sector lácteo para a provincia de Lugo, que é tanto como dicir en Galicia, unha empresa familiar que loita, contra vento e marea, polo futuro do rural”.

A subdelegada destacou que o Goberno ten moi presentes as dificultades que atravesa o sector primario, agravadas pola guerra de Ucraína e a subida dos prezos da electricidade e as materias primas. Por iso, creou, a finais de marzo un novo escudo social, o Plan Nacional de Resposta ás consecuencias da guerra coa finalidade de protexer aos sectores produtivos máis afectados o conflito.

Rodríguez explicou que o Ministerio de Agricultura estableceu axudas aos produtores de leite para compensalos polos prexuízos causados pola guerra e leva aboados máis de 166,5 millóns de euros a 19.688 gandeiros en España. En Galicia a contía das axudas superou os 53 millóns de euros coa provincia de Lugo á cabeza.

A subdelegada detallou que o Goberno aboou aos gandeiros da nosa provincia máis de 25,1 millóns e subliñou que as explotacións radicadas no concello da Pastoriza foron as que recibiron unha maior contía, con 1,9 millóns de euros. Son case 3.000 as explotacións de leite da provincia que percibiron estas axudas. En Galicia a cifra de gandeiros que cobraron esta compensación superou os 6.400.

“Vivimos unha situación excepcional á que novamente deu resposta o Goberno, porque este Goberno, como fixo antes coa pandemia e agora coa guerra, non foxe dos problemas senón que lles planta cara. E actúa sempre despregando políticas sociais en apoio das persoas e os sectores máis vulnerables nunha situación internacional tan grave como a actual”, manifestou Isabel Rodríguez.

ANTICIPOS DA PAC

A subdelegada do Goberno tamén anunciou que o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación acaba de comunicar unha boa noticia para o sector primario. Trátase da autorización da Unión Europea para incrementar o anticipo dos pagos da Política Agraria Común (PAC) ata o 70% nas axudas directas e ata o 85% nas medidas de desenvolvemento rural.

España poderá, así, adiantar as axudas directas ata 3.386 millóns de euros en pagos anticipados, a partir de 16 de outubro , aos 648.691 agricultores e gandeiros que presentaron a súa solicitude única de axudas para esta campaña. Este incremento, defendido por España, permitirá dotar de maior liquidez ás explotacións e axudar aos agricultores e gandeiros a paliar os negativos efectos derivados da guerra de Ucraína.