Maica Larriba informa que el Gobierno viene de adelantar el pago de casi 4.000 facturas por más de 4,3 millones de euros a siete ayuntamientos de la provincia para favorecer su liquidez

Maica  Larriba informa que el Gobierno viene de adelantar el pago de casi 4.000 facturas por más de 4,3 millones de euros a siete ayuntamientos de la provincia para favorecer su liquidez<br/>

31/05/2022

A subdelegada subliñou o importante impacto deste mecanismo extraordinario en Pontevedra, a provincia máis beneficiada de Galicia.


Pontevedra, 31 de maio de 2022.- A subdelegada do Goberno en Pontevedra,  *Maica  *Larriba, informou hoxe o adianto por parte do Ministerio de Facenda e Función Pública do abono de 3.973 facturas e certificacións de obra que 7 concellos da provincia tiñan pendentes de pago por valor de 4.347.034,91 euros. “Esta medida”, explicou, “pretende favorecer a liquidez das arcas municipais e, ao mesmo tempo, cooperar cos concellos para afrontar as débedas pendentes coas economías de autónomos e pequenas empresas, que en gran parte estaban a asumir os efectos negativos desta  falta de pagamentos”.


Este abono forma parte do Mecanismo Extraordinario aprobado polo Goberno en xaneiro deste ano para facilitarlles aos gobernos locais o pago destas débedas, todas elas anteriores a xullo de 2021.  *Maica  *Larriba subliñou o importante impacto deste mecanismo na provincia de Pontevedra, que é a máis beneficiada de Galicia, xa que absorbe o 48,3% dos 8.994.409,48 de euros que o Ministerio de Facenda destina ao conxunto da Comunidade no marco deste procedemento. 

Por concellos, Arbo recibirá 1.663,50 euros para o pago dunha factura, A Cañiza 1.241.545,72 euros para o abono de 1.049 facturas pendentes, Catoira 1.134.764,72 correspondentes a 459 facturas, Cuntis 608.408,62 para pagar 973, mentres a Pontecesures destínanse 16.318,32 para 2 recibos pendentes de pago, a Porriño 769.365,71 para pagar 1.080 e a Salvaterra de Miño 574.968,26 para facer fronte ao pago de 409 facturas. 

Mecanismo *extraordinar*io 
O Ministerio de Facenda e Función Pública puxo en marcha en xaneiro este mecanismo extraordinario para pagar de forma máis áxil aos provedores das Entidades locais e cancelar as facturas pendentes de pago máis antigas destas entidades (anteriores a xullo de 2021). Este instrumento vén regulado na Lei de Orzamentos Xerais do Estado para 2022 e materializouse a través dunha Resolución da Secretaría Xeral de Financiamento Autonómico e Local.
As entidades locais que se podían acoller a esta medida eran aquelas que acreditaran un período medio no pago dos seus deberes superior a 30 días en decembro de 2020 ou en marzo ou xuño de 2021. Finalmente, en Galicia son 28 os Concellos que participan deste proceso e nos que os seus acredores aceptaron expresamente o cobro a través deste mecanismo.  
Os concellos poderán financiar a devolución deste abono anticipado a través dunha operación de endebedamento con vantaxosas condicións financeiras. Se os concellos non optan polo préstamo, os adiantos seranlles  *retraídos da cantidade que perciben da súa Participación nos Tributos do Estado.

Apoio financeiro
A subdelegada subliñou que o Goberno de España mantén unha “aposta firme por darlles aos concellos as facilidades e o impulso político para que poidan facer fronte aos desafíos presentes e futuros neste momento de recuperación”. Así, lembrou que a este mecanismo extraordinario de pago a provedores complétase con outras medidas do Executivo para facilitar liquidez ás arcas municipais como a suspensión das regras fiscais da Lei Montoro que permitiu a mobilización dos remanentes orzamentarios para investimentos e mellora dos servizos públicos locais.