José Miñones remarca a aposta do Goberno polo sector primario de Galicia cunha nova transferencia de 26,7 millóns de euros para agricultura, pesca e desenvolvemento rural

José Miñones remarca a aposta do Goberno polo sector primario de Galicia cunha nova transferencia de 26,7 millóns de euros para agricultura, pesca e desenvolvemento rural

20/05/2022

Demostra a confianza do Goberno no campo e na pesca como motores da economía e da sociedade

Subliña que a metade do global destinarase a cofinanciar os programas de desenvolvemento rural nas comarcas galegas

O Goberno achegará de forma extraordinaria a Galicia 7,8 millóns de euros para compensar as perdas do sector pola guerra de Ucraína

Máis dun millón de euros estará destinado a incentivar o consumo de leite, froitas e hortalizas nos centros educativos *gallegosa


O  delegado *do *Goberno en Galicia, José Miñones, reiterou hoxe a aposta do Goberno polo sector primario galego cunha nova transferencia á Xunta de 26,7 millóns de euros para financiar programas de agricultura, pesca e desenvolvemento rural. Así o asegurou ao detallar o impacto en Galicia do acordo alcanzado polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación coas comunidades autónomas nas Conferencias Sectoriais de Agricultura e Pesca desta semana.

José Miñones subliñou “a confianza que manifesta o Goberno cara aos sectores primarios galegos como motores da economía e da sociedade”, e que que se traduce nesta “extraordinaria inxección económica”.

Jose Miñones destacou que a metade do montante global acordado para Galicia, 13,9 millóns de euros, destinarase a cofinanciar os distintos Programas de Desenvolvemento Rural que se despregan nas comarcas galegas.

En segundo lugar, por importe comprometido, o Ministerio *relizará unha transferencia de 7,8 millóns de euros para compensar aos afectados polas crises da guerra de Ucraína. Trátase dunha liña de axuda excepcional e complementaria do *Gobienro de España para compensar as dificultades económicas derivadas do conflito bélico en determinados sectores agrarios.

A Xunta tamén recibirá 1,2 millóns de euros do programa de apoio ao sector vitivinícola para  promoción de viño en terceiros países. Unha cantidade similar destinarase a promocionar o consumo de froita, hortalizas e leite para o curso 2022/2023 nos colexios de Galicia.

O resto de transferencias repártese entre os programas de prevención e loita contra pragas no campo; a erradicación de enfermidades de animais e o control oficial do rendemento leiteiro. O Ministerio destinará tamén 342.000 euros para o fomento da apicultura en Galicia e 181.000 euros a ordenación e fomento da mellora gandeira, conservación da biodiversidade e razas autóctonas, coa que se dá apoio ás asociacións de criadores de razas autóctonas recoñecidas polas comunidades autónomas.

DESAGREGACIÓN DOS FONDOS PARA GALICIA     

Programas de Desenvolvemento Rural

13.936.576,54 €

Axudas por conflito Ucraína

7.894.153 €

Promoción de viño

1.246.793 €

Programa escolar de consumo de froita e hortalizas curso 2022/2023

597.965 €

Programa escolar de consumo de leite curso 2022/2023

501.132 €

Prevención e loita contra pragas

1.069.037,45 €

Erradicación de enfermidades de animais

337.462,15 €

Fomento da apicultura

342.133,55 €

Fomento da calidade das variedades vexetais e certificación dos materiais de reprodución

44.600 €

Control oficial do rendemento leiteiro

428.582 €

Ordenación y fomento de la mejora ganadera, conservación de la biodiversidad, razas autóctonas

181.428,50 €

Atención recursos medida investimentos *PASVE

150.000 €

TOTAL GALICIA

26.729.863,19 €