Delegacións
- Delegacións
- Que é a Administración Xeral do Estado no Territorio?
- Normativa
- Delegacións do Goberno
- Delegación do Goberno na Comunidade Autónoma de Galicia
- Delegado do Goberno
- Actualidade
- Información sobre la semana de la Administración Abierta
- Proyectos, Campañas e Información
- Servicios y Directorio
- Subdelegación do Goberno en Lugo
- Subdelegación do Goberno en Ourense
- Subdelegación do Goberno en Pontevedra
- Subdelegación do Goberno na Coruña
A Subdelegación do Goberno en Ourense informa da actuación de mellora da seguridade vial na N-120 levada a cabo polo Mitma
17/10/2020
Os traballos de repintado da estrada con dobre liña continua e resaltos sonoros no eixe central leváronse a cabo entre a cidade de Ourense e Os Peares
A Subdelegación do Goberno en Ourense informa da actuación de mellora da seguridade vial levada a cabo polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana na N-120 entre a cidade de Ourense e Os Peares.
A actuación, consistente no repintando da N-120 no tramo comprendido entre os puntos kilométricos 548+830 e 564+300, implicou así mesmo a execución no eixe central da devandita estrada dunha dobre liña continua con resaltos sonoros. Os traballos, que se enmarcan no ámbito de melloras da seguridade vial, supuxeron unha inversión próxima aos 50.000 euros.
O obxectivo fundamental desta actuación do Mitma, consensuada coa Dirección Xeral de Tráfico e coa Garda Civil de Tráfico, pretende evitar as invasións do carril contrario por despistes na condución.